domingo, 15 de xuño de 2014

ESTO NON É TODO AMIGOS...

Rematou o ano, queridos lectores. Queríamos que este fose o derradeiro artigo do noso xornal dixital neste curso. 

O tema desta última nova sodes vós: moitas grazas polo voso apoio durante todo este tempo. Non vos esquezades botarlle un ollo á paxina o curso que ven. Estarémosvos esperando a todos!


Pasade un moi bo verán e vémonos o próximo ano 2014-2015!


mércores, 5 de marzo de 2014


Destino... Mallorca

J. Frieiro 4ºA

Custou moito decidilo, pero xa é seguro, este ano, os alumnos de 4º da ESO irán de viaxe de fin de curso a Mallorca. A saída terá lugar no mes de xuño, entre os días 16 e 21.


Para recadar fondos, os alumnos farán diversas cousas: vender nos recreos, nos festivais e incluso farán un pequeno concerto no auditorio, no que se rifará un xamón. A data deste concerto non se coñece polo da gora, pero seguramente se faga entre finais da segunda avaliación e a comezos da terceira.

domingo, 2 de marzo de 2014


Entroido, por fin!!!

JFS, 4ºA

Este ano, parece que o Entroido tardou en chegar, pero ó final chegou. O pasado venres 28 de febreiro no noso colexio, celebrouse o festival para conmemorar esta festa que tanto nos gusta. Eva Trigo e Diego Castro, ambos alumnos de 4º B da ESO, foron os presentadores deste evento. Ladróns, vacas, bailaríns e bailarinas de ballet, pallasos, leñadores, zombis e moitos outros disfraces amenizaron o día.

Para galardoar aos mellores disfraces, nomeouse a varios profesores como xuíces, que elixiron as mellores e máis orixinais vestimentas.

En canto aos alumnos de 4º da ESO, moitos tiveron que encargarse da tenda para recadar cartos e ir a finais de curso a Mallorca. Ao preguntarlle a varios alumnos deste curso, dixéronnos que recadaron bastantes fondos, anque seguirían vendendo, nun principio, os mércores durante os recreos.

Esperamos que o ano que ven haxa un Entroido tan bo coma o deste ano.    


sábado, 16 de febreiro de 2013

A inxusta elección por parte da Dirección
Alumno de 3º B

A dirección tomou fai pouco medidas moi radicais contra os alumnos de 3º da ESO.

A vidreira que está no corredor dos terceiros apareceu estragada o venres de Entroido, ao seguinte día lectivo a dirección informou aos alumnos de 3º que se non aparecería o culpable todos pagarían os arranxos.

"Unha decisión propia de persoas que só lle importa o diñeiro e non a inocencia dos alumnos" "Para que poñen as vidreiras? Se xa se sabe que non van a durar" "Algúns profesores antepoñen o maldito diñeiro a se os alumnos son inocentes ou non do que fixeron"

Estas son varias das duras opinións dos alumnos de 3º, despois de que a Dirección dera a noticia.

Non parece que a moitos profesores lle importe o que pasou, sen embargo, moitos alumnos están comezando a cansarse das radicais medidas do centro.

Que novas medidas tomará a partir de agora a Dirección? Estarase acercando o centro a algo parecido a unha cárcere?  

luns, 21 de xaneiro de 2013


Gala de entrega de premios Champions 2012

Redactor do Grupo Alfonso VII

A próxima semana, terá lugar a gala de entrega de premios na biblioteca do centro, un acontecemento moi importante, pois é a primeira vez que o clolexio entrega agasallos aos mellores xogadores do campionato.



Algunhas das categorías son: mellor xogador, mellor porteiro, mellora xogadora... dende a dirección do Grupo Alfonso VII desexamoslles sorte a todos os xogadores.

luns, 17 de decembro de 2012


21 de decembro, a fin do mundo?

Redactor do Grupo Alfonso VII

Según a teoría dos maias, o mundo chegará a súa fin o 21 de decembro, desafortunada nova, para os aplicados profesores e estudantes que se están preparando para a realización do festival de Nadal e o comezo das vacacións.
 

Os profesores máis optimistas afirman que nada pasará o 21 de decembro e que estudemos para os exames finais, non vaia a ser...
Dende As Noticias do Alfonso, aconsellámosvos que sigades esa recomendación.

Contra todo pronóstico... haberá festival de Nadal

J FRIEIRO

A pesar da desanimada situación económica e dos recortes que sofre a educación en Galicia, os profesores animáronse este ano a retomar a tradición de realizar o Festival de Nadal, que pecha o 1º trimestre. A profesora de música da ESO, un membro do profesorado que intervén nesta iniciativa comezou a semana pasada, a ensaiar co alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria diversas cancións que serán interpretadas no festival que se realizará o vindeiro venres 21 de decembro.
Entre outras iniciativas do profesorado, destacan a de poñer unha gran árbore de Nadal, a entrada da porta de Primaria.

martes, 5 de xuño de 2012


Outro ano que se vai...

2º ESO

    Parece que foi onte cando comezou o novo curso, e pasou o tempo, e o xa rematou. Algúns seguramente estarán contentos de que acabaran os exames, os deberes, o estudar... Outros estarán decidindo que van facer este verán, ir de vacacións, á praia, a montaña...

    O Alfonso VII cerrará as súas portas durante o verán, o que será un gran alivio para todos...

    Algúns, seguramente, se estarán facendo a pregunta se estará a profesora de naturais para o ano, a de castelá, o de educación física, o de plástica... e senón seguro que se cuestionarán se o curso que ven será máis ou menos difícil ca o que acaban de deixar...

    O certo e que todos nos facemos moitas preguntas  do vindeiro curso, como será, se ese compañeiro ou compañeira estará para o ano  no pupitre do lado, se haberá cambios, se nos seguirán dando os mesmos profesores...

    Nalgún lugar do noso interior, anque pareza que non sexa verdade, unha parte de nos está desexando volver ao colexio dende o mesmo intre en que comezaron as vacacións, e a causa é para dar respostas as cuestións que nos facemos.