sábado, 16 de febreiro de 2013

A inxusta elección por parte da Dirección
Alumno de 3º B

A dirección tomou fai pouco medidas moi radicais contra os alumnos de 3º da ESO.

A vidreira que está no corredor dos terceiros apareceu estragada o venres de Entroido, ao seguinte día lectivo a dirección informou aos alumnos de 3º que se non aparecería o culpable todos pagarían os arranxos.

"Unha decisión propia de persoas que só lle importa o diñeiro e non a inocencia dos alumnos" "Para que poñen as vidreiras? Se xa se sabe que non van a durar" "Algúns profesores antepoñen o maldito diñeiro a se os alumnos son inocentes ou non do que fixeron"

Estas son varias das duras opinións dos alumnos de 3º, despois de que a Dirección dera a noticia.

Non parece que a moitos profesores lle importe o que pasou, sen embargo, moitos alumnos están comezando a cansarse das radicais medidas do centro.

Que novas medidas tomará a partir de agora a Dirección? Estarase acercando o centro a algo parecido a unha cárcere?  

Ningún comentario:

Publicar un comentario