martes, 5 de xuño de 2012


Outro ano que se vai...

2º ESO

    Parece que foi onte cando comezou o novo curso, e pasou o tempo, e o xa rematou. Algúns seguramente estarán contentos de que acabaran os exames, os deberes, o estudar... Outros estarán decidindo que van facer este verán, ir de vacacións, á praia, a montaña...

    O Alfonso VII cerrará as súas portas durante o verán, o que será un gran alivio para todos...

    Algúns, seguramente, se estarán facendo a pregunta se estará a profesora de naturais para o ano, a de castelá, o de educación física, o de plástica... e senón seguro que se cuestionarán se o curso que ven será máis ou menos difícil ca o que acaban de deixar...

    O certo e que todos nos facemos moitas preguntas  do vindeiro curso, como será, se ese compañeiro ou compañeira estará para o ano  no pupitre do lado, se haberá cambios, se nos seguirán dando os mesmos profesores...

    Nalgún lugar do noso interior, anque pareza que non sexa verdade, unha parte de nos está desexando volver ao colexio dende o mesmo intre en que comezaron as vacacións, e a causa é para dar respostas as cuestións que nos facemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario