Complot ou casualidade?
Anónimo
Dende
xa hai varios meses, os alumnos de 2º da ESO lévanse queixando de que non hai
excursións para segundo, mentres que os de 3º da ESO gozan delas con
abundancia. Isto fai preguntar os alumnos se non será un complot dos
profesores, ante esta cuestión, unha profesora
da ESO, díxolle os alumnos de 2º C que os alumnos de terceiro ían porque
había profesores que querían acompañalos, non é que se portaran mellor ca os de
segundo, senón que foi casualidade.
Para pedir que os alumnos de 2º tiveran
polo menos unha excursión de fin de curso, estes, fixeron unha recollida de
firmas de toda a ESO, chegando ata ás 75.
Logo, un grupo de alumnos de 2º C foron a
falar coa directora, a que lles díxo que non había ningún problema, a excursión
íase facer, mentres que houbera profesores que nos acompañaran.
Agora só hai que cruzar os dedos e esperar
que algún profesor queira ir de excursión cos de 2º da ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario