martes, 22 de maio de 2012


2º enfróntase as probas de diagnóstico

JAVIER FRIEIRO

    Os pasados 9 e 10 de maio, os alumnos de A, B e C, fixeron as probas de diagnóstico, que para a maior parte do alumnado, era un desafío persoal.

    En total, fixéronse catro probas, o mércores 9 de maio de matemáticas e de ciencias naturais e o xoves, de lingua castelá e galega, e un cuestionario persoal, habendo, entre cada unha delas, un descanso de trinta minutos.

    Algúns alumnos, puxéronse algo nerviosos e preocupados ao ver algunhas das preguntas de outras comunidades autónomas dos anos anteriores ,vistas con anterioridade ás probas. Aínda que os resultados das probas non afectan as notas dos alumnos, moitos o tomaron coma un reto persoal, mentres que outros, unha minoría, propuxéronse faceren mal as probas a propósito. 

    Isto último só o saberemos cando cheguen os resultados das probas, que, máis dalgún, as esperará con impaciencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario